lunes, 31 de enero de 2011

DAMAS. Soltando lastre.

XOGAN AS NEGRAS E EMPATAN
A esta posición chegouse nun xogo entre Marion Tinsley e Newell Banks (Columbus, 1954). As negras están perdidas na modalidade angloamericana, pero en damas clásicas dispoñen dunha brillante continuación que lles vale para conseguir o empate. Que xogaría vostede se fose o condutor das pezas negras?

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [22/1/2011]

"Manobra elemental camuflada"

1.17-21, 25x02; 2.12-16, 19x12; 3.06x15, 02x20; 4.16x23 [EMP].

sábado, 22 de enero de 2011

DAMAS. Manobra elemental camuflada.

XOGAN AS BRANCAS E EMPATAN

Despois de sacrificar un peón, as negras alcanzaron esta prometedora posición nunha variante da "Partida do Río". A defensa por xudía deixando comer o peón de "6" non vale debido a que despois de 12-16 as negras comen con 19x12, pero existe unha preciosa continuación que permite reducir o material e conseguir o empate. Pode vostede descortinar como deben xogar as brancas para impedir a súa derrota?
* * *
SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR (16/1/2011)
"Gañar un tempo [III]"
Efectivamente, a solución é a que apuntou o amigo Armindo Gaspar (responsable do magnífico blog "Pé de Galo Damas") no comentario correspondente: 1.08-12, 11x04; 2.03-07, 04x11; 3.12-15, 11x20; 4.16x32 EMP.

domingo, 16 de enero de 2011

DAMAS. Gañar un tempo [III]

XOGAN AS BRANCAS E EMPATAN

Nun xogo disputado on-line o pasado mes de setembro na Ludoteka [modalidade 1'+10"], as brancas conducidas por Kacemo31 non souberon aproveitar o desliz cometido polo xogador con nick Miloudoran, que en lugar de mover o peón de "14" ao cadro "10", avanzaron o de "15". Desde a posición que se reflicte no diagrama o xogo continuou con 1.07-12, 28-23; 2.12-15, 14-10; 3.09-13, 10-05; 4.22-26, 29x22; 5.13-17, 05-01 e gañaron as negras. Pero como é que podían facer as brancas para conseguir o empate?

***

Solución da última proposta correspondente ao 24/12/2010

"Bloqueo [II]"

1.11-14!!, 18x11; 2.13-18, 22x13; 3.09x18 G.B.