domingo, 29 de mayo de 2011

DAMAS. Problema de Rui Jorge Costa


XOGAN BRANCAS E GAÑAN

Este que ofrecemos hoxe é o primeiro problema que compuxo  Rui Jorge Costa, un damista portugués que acabamos de coñecer tras unha amena conversa que sostivemos a través da Ludoteka. Foi publicado no ano 1983 na sección de Damas do famoso "Jornal de Almada" que por aquel tempo orientaba Mario Dinis Vaz. 

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [23/05/2011]
"Golpe de A. B. Scott"

7. ... 15-11; 8.06x24, 17-13; 9.10x17, 23-20; 10.16x23, 28x01; GN.

lunes, 23 de mayo de 2011

DAMAS. Golpe de A.B. Scott


XOGAN NEGRAS E GAÑAN

Alexander Bruce Scott foi un famoso xogador escocés que viviu a cabalo dos dous séculos pasados. Morreu no 1932 aos 66 anos. Dominaba o xadrez e as damas e nesta última modalidade conquistou o prestixioso campionato do seu país en catro ocasións. Gustaba moito das liñas exóticas e utilizaba con asiduidade a  "Variante da Serpe" na "Partida Heroica", con ela conseguiu moitas vitorias en campionatos escoceses e en outros importantes eventos. Hoxe imos ver un golpe que con esta variante executou contra Jesse Hanson na 3ª rolda do "2º Match Internacional" disputado en Nova York no ano 1927. O desenvolvemento do xogo foi o seguinte: 1.12-16, 24-20; 2.10-14, 21-17; 3.05-10, 22-19; 4.01-05, 27-22; 5.14-18, 22x13; 6.09x18, 19-15; 7.11-14  e nesta posición as negras gañaron de golpe. Pode indicar o amigo lector a combinación coa que rematou a confrontación este lendario mestre escocés?

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [16/05/2011]
"E había golpe"

As negras gañaban con 7. ... 23-20; 8.16x23, 27x20; 9.14x23, 21x07; 10.12x19, 20-16; G.N.

lunes, 16 de mayo de 2011

DAMAS. E había golpe!


XOGAN NEGRAS E GAÑAN

Na sección de vídeos do extraordinorio "Blog de Damas" de JofeDolgo puidemos ver o xogo que segue: 1.11-14, 22-19 ["Apertura Central Cruzada"]; 2.09-13, 24-20; 3.12-16, 21-17; 4.13-18, 20-15; 5.07-12, 26-21; 6.04-07, 29-26; 7.07-11 ... [o adecuado podía ser 7.05-09] e aquí as negras continuaron con 7. ... 28-24, desaproveitando a ocasión de asestar un certeiro golpe. Tratábase do 3º xogo da derradeira sesión do Torneo de Romariz [2011] e enfrontabanse Manuel Silva vs. Manuel Madureira.

Observando con calma, e sen a tensión que proporciona a escaseza de tempo neste tipo de eventos, ¿pode o amigo lector indicar cal é a combinación gañadora que pasou por alto o que logo sería gran vencedor desta prestixiosa proba? 

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [11-05-2011]
"Tema Turco"

1.29-26; 27x12; [lembre o afeccionado que o regulamento obriga a retirar as pezas comidas só despois de ter pousada a propia peza que efectúa os saltos] 2.26x08 G.B. 

miércoles, 11 de mayo de 2011

DAMAS. Tema turco


BRANCAS XOGAN E GAÑAN

Curiosa posición que se gaña de forma elemental. As brancas impóñense aplicando un tema baseado nunha norma do regulamento que algúns descoñecen por ser de uso pouco frecuente. En problemismo denomínase como "tema turco" e adoita aparecer en situacións sofisticadas. Se hoxe a presentamos aquí é porque nos chamou a atención a naturalidade do esquema.

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [4/5/2011]
"Un remate de R. T. Ward"

1. ... 24-20;  2.15x24, 17-13;  3.10x26, 29x06; 4.12-15, 06-03; [0-1]

miércoles, 4 de mayo de 2011

DAMAS. Un remate de R.T. Ward


XOGAN NEGRAS E GAÑAN

A esta posición chegouse nun xogo Herbert Morral vs. Robert T. Ward correspondente ao "11º Torneo Inglés", un evento celebrado en Southport no mes de abril de 1909 e que foi gañado polo mítico Alfred Jordan. As brancas acaban de mover 14-19 cometendo un erro que foi perfectamente explotado polo magnífico xogador de Birmingham. Cal pode ser esa fermosa continuación que lle proporcionou a vitoria ás negras?

***

SOLUCIÓN DO PROBLEMA ANTERIOR [26-04-2011]
"Un problema sinxelo"

1.23-28, 32x23; 2.31-24, 20-16; (Se 2. ... 20-02; 3.03-06, 02x11; 4.24x02 G.B) 3.08-12, 16x07; 4.03x12 G.B.