martes, 28 de junio de 2011

DAMAS. Combine como Belyamani


XOGAN NEGRAS E GAÑAN

Esta posición pertence a un xogo de adestramento entre Almamoune Alatifi e Adil Belyamani disputado en Casablanca [Marrocos] o pasado 23/06/2011. As brancas teñen unha peza de menos pero aínda conservaban a esperanza de salvarse levando o peón "11" a dama cando quede despexado o camiño tras 1. ... 15-12. O condutor das negras non permitiu tal opción e rematou a loita cunha precisa manobra táctica.
Coñecidos os antecedentes, o lector agora debe poñerse no lugar de Belyamani, concentrarse e intentar descubrir esa combinación coa que as negras conseguiron a vitoria.

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [15/06/2011]
"A elegancia da simplicidade"

1. ... 15-12; 2.08x15, 18-13; 3.09x18, 26-22; 4.18x27 ... [Se 4.19x27, 30x07 é o mesmo] 4. ... 30x07; 5.15-20, 28-24 e as negras depuxeron as armas un par de xogadas despois.

miércoles, 15 de junio de 2011

DAMAS. A elegancia da simplicidade


XOGAN NEGRAS E GAÑAN

Nun xogo do clásico Torneo de Lakeside (1975) alcanzouse esta posición no enfrontamento Louis Cowie vs. Marion Tinsley. A presión exercida polas negras do mítico campión mundial estaba comezando a dar os seus froitos provocando o precipitado ataque ao peón de "15". O Dr. Tinsley instantaneamente aproveitouse deste desliz para efectuar unha elegante combinación que lle valeu para entrar en dama e impoñerse con facilidade. Será vostede capaz de resolver o enunciado coa mesma celeridade? 

* * * 

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [8/6/2011]
"Golpe de Basil Case"

1. ... 31-27; 2.14x21, 17-13; 3.09x18, 26x17; [a típica finta do Golpe de Brooklin] 4.19x26, 30x14; 5.11x18, 20x04 GN.


miércoles, 8 de junio de 2011

DAMAS. Golpe de Basil Case


XOGAN NEGRAS E GAÑAN

Esta posición alcanzouse nun enfrontamento  C. Lawson vs. Basil Case correspondente ao Campionado Americano do ano 1929 disputado en Cedar Point. As negras pódense lucir aplicando o  fermoso e ao mesmo tempo díficil  "Tema Brooklin". Será capaz o lector de repetir este extraordinario golpe que lle deu a vitoria ao célebre damista de Alabama?

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [29/05/2011]
"Problema de Rui Costa"

1.03-07, 29x03; 2.14-18, 28x19; 3.09-13, 10x17; 4.18x21, 17x26; 5.04-07, 03x12; e o tiro na paralela 6.08x29 GB.