lunes, 24 de diciembre de 2012

DAMAS. Armadilla


BRANCAS XOGAN E GAÑAN

Non se pode impedir a coroación do peón máis avanzado. Así que a tarefa do branco consiste en atopar a maneira de dominar o "río" e ao mesmo tempo impedir a troca ou a trasformación en dama do outro peón. Como continuaría vostede o xogo se fose o condutor das pezas brancas? 

***

SOLUCIÓN

1.29-19, 14-11; 2.31-09, 06-02; [Se 2. ... 06-03; 3.09-02, GB.] 3.19-12, 11-06; 4.12-03, [GB].


***

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [6/12/2012]
"Celada na Paralela"

18.14-19!, 23x14; [Se 18. ... 22x13; 19.19x28, 13-19; 20.28-32 e GB.] 19.18-21, 25x18; 20.06-11, 14x07; 21.03x26, 18-14; 22.26-30, 27-22; 23.30-26, 22-18; 24.26-21, 18-13; 25.21x11 [GB].



jueves, 6 de diciembre de 2012

DAMAS. Celada na "Paralela".


XOGAN AS BRANCAS E GAÑAN

A posición que presentamos nesta ocasión provén dunha moi coñecida liña da "Partida Paralela" que se constrúe da seguinte forma: 1.12-15, 23-19; [Apertura "Paralela Ortodoxa"] 2.08-12, 28-23; 3.10-13, 21-18; 4.05-10, 23-20; [Nesta altura a continuación máis combativa é 4. ... 25-21; pero a textual convértese nunha moi interesante alternativa cando ao segundo xogador lle interesa o empate] 5.12-16, 19x12; 6.16x23, 27x20; 7.07x23, 31-27; 8.10-14, 27x20; 9.14x21, 26x10; 10.06x13, 20-15; 11.11x20, 24x15; 12.13-18, 22x13; 13.09x18, 29-26; 14.01-05, 32-28; 15.05-10, 28-23; 16.10-14, 30-27; 17.02-06 ... [Tendendo unha astuta celada na que o adversario pode caer moi facilmente] 17. ... 26-22; [No diagrama podemos ver a disposición das pezas nesta altura]. 

Así, tal cual, a liña foi xogada nun encontro amigábel disputado no ano 1951 entre o Dr. OAL e Joaquim Biscaia, no que as negras esperaban conseguir o empate tras 18.04-07 ... [Ou 18.04-08] 18. ... 22x13; 19.06-11, 15x06; 20.03x17, 27-22; pero o caso foi que acabaron levando unha desagradábel sorpresa que agora o lector debe tratar de descubrir.

O xogo foi publicado no xornal "Noticias de Angola" [26/12/1962] e tamén está incluído no Tratado da "Enciclopedia Damista" onde se indica que a celada era coñecida desde moito antes, pois xa saíra no famoso libro "Let´s Play Checkers" de Tom Wiswell e Ken Grover editado por primeira vez no ano 1940 e do que acabamos de enterarnos que se pode baixar libremente a súa versión electrónica no "The Checker Maven". [Clic aquí].  

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [4/11/2012].
"Un estudo inédito"

1.15-02 ... ; e agora se:

a] 1. ... 05-23; 2.13-03, 23-16; 3.31-18, 12-07;  4.04x11, 16-23; [Ou 4. ... 08-04;  5.18-25, 04x14; 6.25x07, 16-23; 7.02-20, 23x16; 8.07-12, 16x07; 9.03x12, GB] 5.03-07, 23-19; [Se 5. ... 08-04; 6.11-14, 04x11; 7.02x27, GB] 6.07-04 [GB]. 

b] 1. ... 05-14; [Variante atemática] 2.02-20, 14-07; 3.04x11, 08-04; 4.20-27, 04x09;  5.27-22, 09x27; 6.31x08 [GB].

domingo, 4 de noviembre de 2012

DAMAS. Un "estudo" inédito


XOGAN AS BRANCAS E GAÑAN

Esta posición, que xa tiña esquecida, corresponde a un "estudo" que compuxen no ano 2005. Encontreina de casualidade revisando no meu arquivo e só agora ve a luz por primeira vez. A solución semella fácil, pero antes de que intente resolvelo repare nestes dous ensaios: 

1º] 1.18-02, 05-14;  2.13-03 ... [E parece que cae o peón e as brancas van gañar] 2. ... 14-07!!; [Pero aquí esta a elegante defensa]  3.04x11, 08-04;  4.03x16, 04x14; [EMP].

2º] 1.31-24, 12-07!; [Agora é o momento xusto] 2.04x11, 05-01! ou 05-32; [EMP]. Non obstante non valía directamente 2. ... 08-04; por  3.24-31!!; 04x09;  4.15-22, 09x27;   5.31x02 [GB].

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [24/9/2012]
[Unha fina manobra]

1.02-20, 24x15; [Se 1. ... 23x16; 2.21-30 e as negras quedan bloqueadas] 2.21-11, 15x06; 3.03x32 [GB].

jueves, 27 de septiembre de 2012

DAMAS. Unha fina manobra


XOGAN AS BRANCAS E GAÑAN

As negras acaban de sacar o seu peón do río e pode parecer que van conseguir o empate, non obstante a desfavorábel colocación da dama na casa "23" permite unha fina manobra táctica que acaba fulminantemente con toda resistencia. Como pensa o lector que deben seguir as brancas?

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [13/12/2012]
"Golpe de Scarpetta"

1. ... 18-13; 2.09x18, 27-22; 3.18x27, 31x06; 4.02x11, 17-13; 5.10x17, 23-20; 6.16x23, 28x01 [GN].

jueves, 13 de septiembre de 2012

DAMAS. Golpe de Scarpetta

 
XOGAN NEGRAS E GAÑAN

A esta posición chegouse nun xogo disputado por Jim Morrison vs. Sergio Scarpetta na "World Mind Sports Games" celebrada en Lille [Francia] no pasado mes de agosto deste ano 2012. As brancas conseguiron saír da apertura cunha pequena vantaxe, pero tras o errado movemento 03-07, víronse sorprendidas por un fulminante golpe táctico. Pode o lector indicar como rematou este duelo o magnífico damista italiano?
 
SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [27/6/2012]
"Un bloqueo de Gardner"
 
15. ... 18-14!!; 16.11x18, 24-20 [GN]. 

miércoles, 27 de junio de 2012

DAMAS. Un bloqueo de Gardner

NEGRAS XOGAN E GAÑAN

Willie Gardner, o zapateiro damista, era natural de Leeds onde naceu no ano 1863. Foi internacional con Inglaterra e no seu día estableceu o record de simultáneas á cega xogando contra 28 taboleiros. Morreu en xaneiro do 1947 pouco antes de cumprir os 84 anos. Ao longo da súa extensa carreira deixounos un amplo legado de finas manobras tácticas e lindas combinacións. No remate da posición amosada no diagrama superior podemos ver un bo exemplo. Pertence a un xogo do Torneo Inglés de 1898 no que se enfrontaba a W. Blakeley e o seu desenvolvemento foi o seguinte:


* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [15/06/2012]
«Golpe de Luís Carvalho»

9. ... 15-11; 10.06x15, 24-20; 11.15x24, 19-15; 12.12x19, 23x05 [GN].

viernes, 15 de junio de 2012

DAMAS. Golpe de Luís Carvalho

XOGAN NEGRAS E GAÑAN
 
 
Despois de realizar as seguintes xogadas: 1. 10-14 22-19;  [Partida Cruzada] 2. 14-18 21x14;  3. 11x18 24-20;  4. 09-13 20-15;  5. 05-09 28-24;   6. 01-05 26-22;   7. 05-10 29-26;  8. 12-16 32-28;   9. 07-12, fórmase a posición que podemos ver no diagrama e que aconteceu nun enfrontamento Manuel Vaz Vieira vs. Luís Carvalho do 21º Campionato de Portugal disputado en Setúbal no ano 2001. Na altura as negras realizaron un golpe que lles permitiu conseguir unha vantaxe que resultou determinante. Poderá o lector imitar os pasos do gran xogador lisboeta?

***

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [12/5/2012]
" Empate asombroso"

1. ... 32-28; 2.30x21, 29-26; 3.21x30, 28-23; 4.30x07, 04x24 [EMP].

sábado, 12 de mayo de 2012

DAMAS. Empate asombroso


XOGAN NEGRAS E EMPATAN

Parece incríbel que nesta posición con 2 peóns de menos, as brancas conseguisen salvarse. Mais existe unha agochada manobra que permite forzar o empate de maneira irrefutábel. Desenlaces coma este producen maiores satisfaccións que algunhas vitorias.  Seguro que o lector tamén quedará orgulloso e contento se é capaz de descubrir como deben xogar as negras para evitar a derrota.

*  *  *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [1-5-2012]
"REMATE DE VAZ VIEIRA"

1. 10-14, 17x10; 2. 23-30, 18x11;  3. 30x26 03-16; 4. 26-30, 16-03; 5. 30-16, 25-21; 6. 16-30, 03-17; 7. 09-13, 17x03;  8. 30x17, 03-07;  9. 02-06, 07-18; 10. 06-10, 18-09;  11. 10-14 GB.

martes, 1 de mayo de 2012

DAMAS. Remate de Vaz Vieira


XOGAN BRANCAS E GAÑAN


A esta posición chegouse nun xogo Dr. Vaz Vieira vs. Enx. Veríssimo Dias do 10º Campionato de Portugal celebrado en Oliveira de Azemeis no ano 1990. Pode indicar o lector como é que remataron as brancas este xogo?

* * *

SOLUCIÓN DA ANTERIOR PROPOSTA
"Unha desagradable sorpresa" [12/04/2012]

1. ... 17-13; [Aproveitando a lei da calidade] 2.04x25, 13x06 EMPATE.

jueves, 12 de abril de 2012

DAMAS. Unha desagradable sorpresa

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [30/3/2012]
"A beleza da simplicidade"

O xogo rematou do seguinte xeito:

13.11-14, 18x11; 14.09x16 [Finta], 22x13; 15.11x31, 13x06 [GB]. As negras rendíronse sen esperar resposta.

viernes, 30 de marzo de 2012

DAMAS. A beleza da simplicidade


SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [18/3/2012]
"Enxeñoso soporte"

1. ... 26-22; 2.17x26, 18-14; 3.14x18 [ou 10x19], 22x06; 4.26-30, 06-02; 5.30x23, 31-28; e a dama cae [GN].

domingo, 18 de marzo de 2012

DAMAS. Enxeñoso soporte


XOGAN NEGRAS E GAÑAN


O panorama semella bastante favorable para o segundo xogador xa que a base branca está tremendamente debilitada debido á ausencia de peóns nas casas "2" e "3". Con todo é preciso manobrar con enxeño para poder burlar esa barreira defensiva formada polos tres "infantes" aliñados na terceira fila. Baralla o lector algunha idea que permita ás negras alcanzar ese obxectivo, ou vai esperar á vindeira semana para ver a solución?

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [2/3/2012]
"Golpe de Marongiu"

1.09-13!, 22x06; [Obrigado pola lei da cantidade] 2.13x29 GB.

viernes, 2 de marzo de 2012

DAMAS. Golpe de Marongiu


XOGAN BRANCAS E GAÑAN


Tan só despois destas poucas xogadas  1.10-14, 21-17; 2.05-10, 25-21; 3.01-05, 22-18; 4.14-19, 23x14; 5.10x19, 29-25; 6.06-10, 27-22;  alcanzouse a posición que representamos no diagrama. Corresponde a un xogo disputado por Gavino Marongiu vs. Gianfranco Portoghese no 61º Campionato Italiano absoluto do ano 1997. O lance que acaban de efectuar as negras supón un tremendo descoido que foi inmediatamente castigado polo seu rival. Non dubidamos de que o lector tamén atopará decontado a sinxela manobra que permitiu ás brancas gañar  decisivo material.

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [24/2/2012]
"Sorprendente manobra"

1.07-11!, 19x10; 2.01-05, 10x01; 3.12-15, 01x28; 4.02x31 GB.

viernes, 24 de febrero de 2012

DAMAS. Sorprendente manobra.


BRANCAS XOGAN E GAÑAN


Esta posición pertence a un xogo Víctor Oliveira vs. Joao Oliveira do 17º Campionato de Portugal disputado en Almada no ano 1997. As brancas acaban de facer unha pequena combinación que lles permitiu situar ese formidable ariete na casa "23". Pero despois do cargue sobre o peón "14"  ameazando 20-15 e o pase a dama, moitos pensaron nun exceso de vista de Víctor. Mais neste preciso momento cando todo semellaba tan favorable para o bando negro,  a sorpresa apareceu no taboleiro. Pode vostede imaxinar que é o que aconteceu?

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR     [16/2/2012]
"Un problema, dúas cuestións"

Non vale 1.28-32 por 14-07!; 2.04x11, 21x07 e as negras conseguen o empate.

A vitoria branca chega despois de 1.04-07, 14x32; [Se 1. ... 14x04; 2.18-22, 04-14; 3.28-32, 14-01; 4.25-29, 21-18; 5.32-05, 01x26; 6.29x09 GB] 2.25-29, 21x14; 3.29-14 GB [Bloqueo].

jueves, 16 de febrero de 2012

DAMAS. Un problema, dúas cuestións.


XOGAN BRANCAS E GAÑAN
[Henrique Guerra (1993, inédito)]

Nesta posición semella que as brancas van gañar de forma fácil despois de 1.28-32, pois se as negras responden con 1. ... 14-01; seguiría 2.18-22, 21-18; 3.25-29 e tras calquera das dúas movidas de peón cae a dama negra. Mais a realidade é ben distinta. O lector debe indicar primeiramente como se defenderían as negras nese suposto caso, e deseguido buscar a verdadeira liña que lle dá a vitoria ás brancas.

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [9/2/2012]
"Emendando o Tratado"

1. ... 22-18; 2.04x11, 18-13; 3.09x18, 21x07; EMP. 

jueves, 9 de febrero de 2012

DAMAS. Emendando o Tratado.


XOGAN NEGRAS E EMPATAN

Na seguinte variante da  "Partida Heroica": 1.12-16 24-20;   2.07-12 28-24;   3.10-14 ...  O famoso Tratado da Enciclopedia Damista, asevera que se 3. ... 32-28;  con 4.14-19 23x07; 5.16x32 ...  as brancas gañan. Mais isto non é certo, pois o segundo xogador dispón dunha hábil continuación que lle permite atopar un fácil empate. Pode vostede, amigo lector, indicar como deben seguir as negras para equilibrar o jogo?

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [27-01-2012]. 
"Floreo de trompetas"

1. ... 15-12; 2.08x15, 18-13; 3.09x18, 26-21; 4.17x26, 30x07; 5.03x12, 20x02; GN. 

viernes, 27 de enero de 2012

DAMAS. Floreo de trompetas


XOGAN NEGRAS E GAÑAN

No 9º "Torneo Inglés" disputado en Southport no ano 1909 púidose ver este xogo entre Allan Hynd [Manchester] e Helbert Morral [Liverpool]:

1. 10-14 24-20, 2. 12-16 ... [Partida Heroica] 3. .... 28-24, 3. 05-10 20-15, 4. 11x20 24x15, 5. 7-11 23-20, 6. 16x23 27x20, 7. 04-07 32-28, 8. 01-05 28-24, 9. 14-18 22x13, 10. 10x17 31-27, 11. 05-10 27-22, 12. 07-12 21-18, 13. 12x19 22x15, 14. 02-05 ...

Nesta altura e despois desta xogada as negras non desaproveitaron a oportunidade e gañaron con "floreo de trompetas". E vostede, amigo lector, como remataría?

*****

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [22/01/2012]
"Salvando o día"

1. .... 28-24; 2.20-30 ... [Se 2.20-02, 19-15 EMP] 2. ... 24-20!; 3.16x13, 19-14; 4.10x19, 17x01; EMP.

domingo, 22 de enero de 2012

DAMAS. Salvando o día


XOGAN NEGRAS E EMPATAN

Nesta posición as negras están nunha situación moi difícil, pero unha precisa e desconcertante combinación permitiulles salvar o día. Pode o lector indicar como é que conseguiron o empate.

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [18/1/2012]
"Cóbado no flanco de Río"

1.07-11, 22x13; 2.12-15 e non se pode impedir a ameaza 3.15-19 que obrigaría a capturar a maioría e as brancas gañan con 4.16x32 entrando en dama.

miércoles, 18 de enero de 2012

DAMAS. «Cóbado» no flanco de río


XOGAN AS BRANCAS E GAÑAN

Nunha variante da «Partida Heroica» que se forma con 1.10-14, 24-20; 2.12-16, 28-24; 3.08-12, 32-28; 4.14-18, 21x14; 5.11x18, 22x13; 6.09x18, se as negras efectúan o ataque  6. ... 26-22, fórmase a posición que representamos no diagrama. É esta unha liña teórica que debe ser contestada co corte 6. .. 20-15, mais nunca co cargue sobre o peón da casa «dique» como erroneamente se indica no Tratado da famosa revista portuguesa «Enciclopedia Damista» que toma como modelo un xogo do «Torneo Comemorativo da Federación Portuguesa de Damas» do ano 1981, disputado entre o Capitán Antonio Santos Deodato e o mestre e excampión nacional Herminio Medalha da Silva.

Agora que o lector coñece os antecedentes, invitámolo a que intente descubrir como se pode refutar a última xogada realizada polas negras. Como axuda indicaremos que o tema baséase na explotación do «cóbado» formado polos peóns 20, 23 e 28. 

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [24/12/2011]
«Golpeando no final»

1.06-11, 26x22; [Obrigado pola lei da calidade] 2.25-29, 04x14; 3.29x01 GB.