miércoles, 27 de junio de 2012

DAMAS. Un bloqueo de Gardner

NEGRAS XOGAN E GAÑAN

Willie Gardner, o zapateiro damista, era natural de Leeds onde naceu no ano 1863. Foi internacional con Inglaterra e no seu día estableceu o record de simultáneas á cega xogando contra 28 taboleiros. Morreu en xaneiro do 1947 pouco antes de cumprir os 84 anos. Ao longo da súa extensa carreira deixounos un amplo legado de finas manobras tácticas e lindas combinacións. No remate da posición amosada no diagrama superior podemos ver un bo exemplo. Pertence a un xogo do Torneo Inglés de 1898 no que se enfrontaba a W. Blakeley e o seu desenvolvemento foi o seguinte:


* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [15/06/2012]
«Golpe de Luís Carvalho»

9. ... 15-11; 10.06x15, 24-20; 11.15x24, 19-15; 12.12x19, 23x05 [GN].

viernes, 15 de junio de 2012

DAMAS. Golpe de Luís Carvalho

XOGAN NEGRAS E GAÑAN
 
 
Despois de realizar as seguintes xogadas: 1. 10-14 22-19;  [Partida Cruzada] 2. 14-18 21x14;  3. 11x18 24-20;  4. 09-13 20-15;  5. 05-09 28-24;   6. 01-05 26-22;   7. 05-10 29-26;  8. 12-16 32-28;   9. 07-12, fórmase a posición que podemos ver no diagrama e que aconteceu nun enfrontamento Manuel Vaz Vieira vs. Luís Carvalho do 21º Campionato de Portugal disputado en Setúbal no ano 2001. Na altura as negras realizaron un golpe que lles permitiu conseguir unha vantaxe que resultou determinante. Poderá o lector imitar os pasos do gran xogador lisboeta?

***

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [12/5/2012]
" Empate asombroso"

1. ... 32-28; 2.30x21, 29-26; 3.21x30, 28-23; 4.30x07, 04x24 [EMP].